Servizos funerarios

En Pompas fúnebres Santa Marta, o noso esforzo vai encamiñado a respaldar a familiares e amizades do defunto, aportando confianza neses momentos polos que están a pasar.

A nosa misión reflexa a intención de apoiar o cliente, asistir en todo o relativo falecemento (antes durante e despois de producirse). A través de produtos e servizos de alta calidade, ofrecidos por persoal calificado e con vocación de servizo.

As bases do noso traballo son os nosos valores:

  • Humildade
  • Respecto
  • Responsabilidade

O resultado do noso traballo aporta a cada familia un trato cercano e cálido. A maior recompensa que podemos obter, é a satisfacción de que saber que os nosos clientes despediron o seu ser querido do xeito que desexaron.

 

Tanatorios Santa Marta, o servizo de tódalas compañías de seguros. Coa súa póliza sexa cal sexa a súa compañía, pode facer uso das nosas instalacións sen ningún custo.

 

Dispoñemos de tanatorios en Coristanco, Carballo, Agualada e Muros. O grupo pon a disposición das familias, vehículos tipo Mercedes Viano con capacidade para ata nove persoas, para todos aqueles desprazamentos que se requiran.

Todos os nosos tanatorios dispoñen de:

  • Amplas e modernas instalacións para o repouso das familias.
  • Capelas con capacidade para máis de 60 persoas sentadas.
  • Cafetería tipo vending.
  • Aparcadoiro privado.
  • Oficinas con atención permanente para tomar nota de encargos florais, necrolóxicas en prensa, etc.

 

Coristanco

Carballo

Agualada

Muros